TROFEO RIO EO

 

Image



EEMM El Franco en Benxamín e SD Ribadeo en prebenxamín son os vencedores do torneo RIO EO en Barres

 A EEMM El Franco na categoría benxamín e a SD Ribadeo na prebenxamín son os vencedores da primeira Fase Local da Compostela Cup do Camiño 2009 –organizada pola SD RIBADEO- BARRES FC e Compostelac CUP- que se disputou no en BARRES, Concello de Castropol.
O municipio asturiano acolleu ao longo de toda a mañá os partidos de fútbol –presenciados por máis de 800 persoas- de ambas categorías e tamén o encontro de exhibición dos MINIPREBENXAMIN, que gañou a EEMM El Franco.

A entrega de premios contou coa presencia do Sr Alcalde de Castropol, José Antonio Pérez; o Presidente do Barres CF, Francisco Fernández e o Presidente da SD Ribadeo, Ramón Rodríguez.

Na categoría benxamín, as escolas de El Franco e a SD Ribadeo foron as que máis destacaron nos seus primeiros encontros. No último partido entre a escola de El Franco e o Barres CF, houbo ocasións de gol para ambos equipos e un balón ao poste de cada un deles. Pero foi El Franco o que venceu na quenda de penaltis por tres a cero e quedou como campión desta Fase Local de fútbol de Castropol, segundo foi Barres, terceira a SD Ribadeo e Puerto de Vega..

A SD Ribadeo foi a vecedora na categoría prebenxamín, tras ser superior en todos os partidos e vencelos con ampla vantaxe no marcador. Nesta categoría foi segunda a EEMM El Franco, terceiro Puerto de Vega e cuarto Barres CF

A Fase Local de fútbol de Castropol pechouse co encontro de exhibición correspondente á categoría mini prebenxamín entre a SD Ribadeo e EEMM El Franco. Ambos conxuntos disputaron un partido con numerosas ocasións de gol para ambas partes, que finalizou co triunfo da escola de El Franco por cinco a dous, merced tamén á gran intervención do porteiro do equipo gañador.

¿QUERES GAÑAR UN BALON?

Image

Envia o resultado do

BARÇA - R. MADRID


(maximo 2 apostas por direccion @)

SORTEAREMOS UN BALON ENTRE OS ACERTANTES
DEBERAS ESTAR REXISTRADO NA PAXINA PARA PODER APOSTAR NA PORRA.
APOSTAS VALIDAS ANTES  DAS 21,00 HORAS DO DIA DO PARTIDO

JAVI NISTAL   E     FERMIN

GAÑADORES
( asignaselles un numero par a JAVI NISTAL e un impar a Fermin co sorteo da ONCE DO LUNS 15)
o afortunado levara o BALON

sorte os gañadores



REXISTRATE AQUI

PARTICIPANTES

INFANTIL

RIB
 
- VIL  

  

O RC Vilalbes acadou os 3 puntos do Pepe Barrera o vencer a SD por un 0-3.

Seguir lendo

TROFEO RIO EO

TROFEO RIO EO

Image
 

La Sd RIBADEO y el BARRES CF, organizan para el dia 08 de diciembre el
I TORNEO RIO EO 

  COLABORAN:
Concejo de CASTROPOL
Fundacion COMPOSTELA CUP

http://www.compostelacup.com.


CALENDARIO

 

-SD RIBADEO-LOITANDO POLO DEPORTE DE BASE-

Seguir lendo

MAL TEMPO

Image
              O mal tempo foi o detonante este fin de semana, só os "VALENTES" do Barres FC xogaron loitando contra o frio a neve  e o contrario. Non acadaron un moi bo resultado,. Os ali presentes  creian  que a suspension do partido deberia haber sido unha realidade loxicamente e seria o que  tiña que acontecer no campo de Barres
Unha derrota que trunca o bon xogo que estaban a faer os discipulos de Ivan.

Sorte e mellor tempo para a proxima.

Seguir lendo