ACTA SESION EXTRAORDINARIA XUNTA SDRIBADEO 12 DE ABRIL DE 2013.
Reunida a Xunta Directiva da SOCIEDADE DEPORTIVA RIBADEO e por proposta da mesma se procede a nomear socios de honra da SDRIBADEO que tras ampla deliberación e análise dos candidatos propostos, así como dos informes emitidos por asesores alleos e por unanimidade, adopta o seguinte acordo:
PRIMEIRO
Polo seu teson, o seu esforzo nos primeiros e duros anos nos primeiros pasos dados por esta SDRIBADEO, que se xestou grazas a el e a grupo de pais que confiaban no deporte como máxima expresión dos valores sociais como via de educación e formación. E por prantar esta semente que pouco a pouco crece e non ha tardar en dar os froitos, froitos sans e formados no respeto educación e valores concédese o titulo de socio de HONRA a D. MONCHORODRIGUEZ
(Presidente fundador da SDRIBADEO) .
SEGUNDO
Pola súa calidade humana e deportiva demostrado ao longo dos anos na que estivo en activo na súa etapa profesional, por conseguir levar ao futbol galego ás máxima expresión con
. 1 Liga española (1999-2000)
. 2 Copas do Rei (1994-95 e 2001-02)
. 3 Supercopas de España (1995, 2000 e 2002)
. Xogador da SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FUTBOL
Ademais de ser o reflexo de valores nos que deben mirar os xogadores da SDRIBADEO concédese o título de SOCIO DE HONRA a D. FRANCISCOJAVIERGONZALEZPEREZ " FRAN"
TERCEIRO
Pola súa proximidade ao deporte, a súa forma de comunicar, os seus extensos coñecementos do deporte GALEGO en todas as súas facetas, pola súa longa traxectoria no mundo da comunicación e ser unha das caras mais vinculadas o Deporte GALEGO, ademais do cariño e a amabilidade demostrada cara a esta SDRIBADEO concédese o título de SOCIO DE HONRA a D. TERIO CARRERA
CUARTO
Polo seu apoio incodicional ao futbol na localidade de Ribadeo, polo seu ímpeto de levar o futbolRibadense por toda Galicia e a dedicación incansable a este deporte, chegando co RIBADEOFC á cotas mais altas do futbol rexional en Galicia; ademais de conseguir traer á vila de Ribadeo o mais selecto do futbol nacional a través do trofeo EMMA CUERVO, concédese o título de SOCIO DE HONRA a D. JOSEPULPEIRODOVAL "GALLOPIN"