Presentación Tempada 2015/2016

O pasado sábado 3 de outubro de 2015 ás 17:00 horas, celebramos a inauguración da temporada 2015/2016 da SD Ribadeo no Estadio Municipal Pepe Barrera.
Para este acto contamos coa presenza das Autoridades do concello de Ribadeo ( alcalde, concelleiro de deportes e voceiros dos grupos políticos que teñen representación no noso concello), tamén nos acompañaron os patrocinadores que nos axudaron a tempada pasada e os que se incorporan esta tempada: TRANSPORTES MIANA, COFRADÍA DE RINLO, EOCAR, CASA FOGUETE, CONSTRUCCIONES TRÍO, PIZZBUR, AFF CONSTRUCCIONES, TOPCAD INGENIERÍA, ALIMENTACIÓN A MARIÑA E BE ONE SERVIOCIO e os representantes da FUNDACIÓN CELTA DE VIGO: Diego Sarabia e Germán Arteta.
Fixemos unha presentación dos equipos cos que contamos este ano: Xuveniles co seu entrenador Carlos, Cadetes co seu entrenador Héctor, Infantiles de Galicia co seu entrenador Enrique, Infantiles de Asturias co seu entrenador Óscar, Alevines A de Asturias co seu entrenador Paco, Alevines B de Asturias co se entrenador Cristian, Benxamines A co seu entrenador Eloy, Benxamines B co seu entrenador Miguel, Prebenxamines A co seu entrenador Cubelas, Prebenxamines B cos seus entrenadores Mario e Xera e os Miniprebenxamines coas súas entrenadoras Sandra e Diana.
Pola SD falou Juan Carlos dando paso despois ó Alcalde de Ribadeo Fernando Suárez, que tivo unhas palabras de apoio á nosa entidade que foron moi aplaudidas tanto polos pais / nais como polos membros da directiva e por último interviu Germán Arteta, representante da Fundación Celta de Vigo que tamén nos deu palabras de ánimo para todos e explicando un pouco en que vai consistir a axuda que nos vai proporcionar dita Fundación.
En resumo, unha tarde amena e divertida que rematou cunhas fotos en grupo e por equipos e cun sorteo duns agasallos cedidos pola FUNDACIÓN CELTA DE VIGO, consistentes en varias camisetas firmadas polos xogadores do Celta de Vigo e un balón tamén firmado.
SD RIBADEO