GALA -FORO SD RIBADEO

                      

                   A SD RIBADEO, no seu empeño de formación continua e integral dos seus xogadores de categorías base, planificou para este día 19 de novembro as 19,00 horas, no CINE TEATRO DE RIBADEO, un foro-gala na que asistirán todas as categorías e xogadores da SD RIBADEO.

                 Na mesma entregaranse os albunes de cromos dos xogadores da SD RIBADEO da presente tempada.

                 Asimesmo no acto proxectarase o reportaxe "SD RIBADEO; ESCOLA DE FUTBOL ESCOLA DE VALORES", na que se expón a razon de ser desta SD RIBADEO, e as opinions de todos os estamentos ca forman e a fan existir ( pais, adestradores, xogadores e administracions públicas)

                 Na mesma gala estarán presentes xogadores profesionais os cales debatirán e compartirán cos nosos xogadores as suas vivencias e as dura loita ata chegar a ser xogadores profesionais; contestando as suas preguntas dubidas e inquietudes. O foro-gala será presentado por un coñecido periodista deportivo galego.

              Esperamos que dita gala-foro sexa do agrado de todos-los asistentes e principalmente dos nosos xogadores, e que lles sirva de guia e de referencia nas suas futuras experiencias coma xogadores de futbol; formados nos valores que esta SD RIBADEO lles quere inculcar.

 

Un saudo SD RIBADEO