Sábado 12 de Xaneiro

Image

 

Sábado 12 de Xaneiro 

Categoria infantil: 11:30 horas no Estadio Pepe Barrera de Ribadeo
 
12ª xornada de liga: SD Ribadeo - Atl. Abuín
 
A SD Ribadeo quere comezar o ano, igual  que o finalizou, cunha victoria, Regresa Oscar o banco, trala ausencia no ultimo partido(ben suplida por Bello). O rival soamente ten 6 puntos e 7 goles a favor, polo que parece ser un rival moi asequible para os pupilos de Oscar. Esperemos que non haxa sorpresas e os 3 puntos se queden na casa.
 
 
 
Categoria Alevín: 16:00 horas no Anexo de A Marosa (Burela)
 
10ª (e ultima) xornada: SD Burela - SD Ribadeo
 
Este sábado decidese a liga Alevín, a SD tenlo complicado, xa que debe esperar por outro resultado e logo facer a sua labor. A xornada comeza as 11:30 da maña en Viveiro, cun Viveiro - Santiago de Foz, se o Foz puntua e campión, pero, se en cambio a ED Viveiro logra a victoria a SD Ribadeo dependera de se mesma. Se o Viveiro gaña de un, a SD debera gañar de 4, se o Viveiro gaña de 2, a SD de 5, e dicir, debemos gañar de 3 goles mais que o Viveiro.
 
Esperamos estar acertados de cara a porteria contraria, cousa que ultimamente non sucede, a ver se os reis trouxeron algo de punteria, porque tanto en Lugo como en Viveiro fallaronse ocasións clarisimas

 

Sorte chavales, a pola vosa segunda liga!!!!!