ARTIGO DA SD NA REVISTA DAS FESTAS DE RIBADEO

 

 

SD RIBADEO, escola de Fútbol, escola de valores.

 

            Dende hai xa uns cantos anos a SD RIBADEO ven formando nenos e nenas de Ribadeo, no arte do futbol. Cando a comision de festas de Ribadeo se dirixui a min para escribir un artigo na tradicional revista das festas sobre a SD RIBADEO, dudei nuns instantes sobre que escribilo; historia, traballo,pasado,presente….. eran moitos os temas a tratar pero para min un dos mais importantes e mais relacionado co futbol son os valores que ensinamos os nosos nenos, de pouco vale o traballo, o pasado , o presente, e o futuro sen valores.

O deporte foi considerado tradicionalmente un medio apropiado para conseguir valores de desenvolvemento persoal e social; afán de superación, integración,respecto á persoa, tolerancia, acatación de regras, perseveranza, traballo en equipo,superación dos límites, autodisciplina, responsabilidade, cooperación, honestidade,lealdade, etc. son calidades desexables por todos e que se poden conseguir a
través do deporte e da orientación que os adestradores e familia lle dean, sempre co apoio de todos os axentes implicados nel, de forma que estes valores desenvólvanse e perduren na persoa e axúdenlle a un completo desenvolvemento físico, intelectual e social e por engadido a unha mellor integración na sociedade en que vivimos.

 

Sexa a Educación Física escolar e o Deporte escolar ou como queremos que sexa a práctica desa actividade motórica na escola e fóra dela, de forma que nos permita alcanzar os valores que desexamos.


            O Futbol, pola súa relación co Deporte escolar, debe promover osvalores que o deporte debe e pode desenvolver; esta disciplina ten, a través dos seus contidos e actividades, un enorme potencial para desenvolver o neno tanto física como persoalmente e, desta forma, para contribuír á mellora da persoa.


            As prácticas que se organicen deben buscar o desenvolvemento integral, o desenvolvemento do corpo e da mente, da autoestima, o sentido ético e moral, de responsabilidade, de autonomía, de superación e de relación e aceptación dos demais, aceptación das normas, de cooperación, responsabilidade, etc. e todo isto nun clima lúdico  e de desfrute.

 

Nos adestramentos de futbol, o neno debe aprender a competir, resolver problemas, dialogar, superarse, gañar e perder, sen menosprezar os que o fan
e gozar da práctica como elemento formador, integrador e emancipador. O deporte forma parte da educación e a cultura dos homes dende tempos remotos, gozando de grandes e esplendorosas épocas ao longo da historia, sobre todo nesta ultima no que o futbol se refiere, pero tamén tivo outras de marxinación nas que o desenvolvemento físico quedou relegado a un segundo plano fronte ao intelectual.

 

            O deporte é unha institución, unha forma  de vida que se ve cunha organización xurídica e material que se vincula a outras institucións e que ten á súa vez a misión de incorporar o corpo na orde social. Por eso nesta entidade educadora que e a SD RIBADEO, queremos formar homes e mulleres de ben homes e mulleres cun futuro basado nus valores que a sociedade moderna cada dia demanda mais.

 

Dende este modesto rincón a SD RIBADEO quere desexarlles a todo-los Ribadenses e visitantes unhas moi boas festas.

 

 

Germán A. Vale Varela

Técnico de Futbol

Director deportivo da SD RIBADEO