Debut BARRES FC -SD

Image

Os Benxamins da tempada pasada forman nesta o BARRES FC

Barres/SD Ribadeo - Real Tapia.

Como todos sabedes a SD chegou a un acordo cos directivos do veciño clube BARRES FC no cal a SD cede uns xogadores pa competir en Asturias, deste acordo nace o equipo ALEVIN que debutou na tarde de ontes.

Bo partido o presenciado no CEIP Gregorio Sanz, o primeiro partido dos rapaces que adestra Iván deixou moi bon sabor de boca, xa que lograron un meritorio empate ante un Tapia superior en estatura e forza, pero que os xogadores do BARRES FC/SD superon contrarrestas con xogadas rapidas e combinativas.
O partido comezou con dominio local, que creaba ocasións pero non definia ante un gran arqueiro visitante, Adri lanzou o travesaño tras unha boa xogada colectiva e o Tapia pouco a pouco adiantaba as liñas en busca do gol, o dominio e as ocasions alternavanse e fruto destas o colexiado, o señor Bello, sinalou un penalty contra os locais, nada que discutir a sua labor, que finalmente parou Carlitos, pero a falta dun minuto nunha xogada desafortunada, tras un centro, o balón rebota en Dani e gol en propia porta.
Tralo descanso os locais foron a pola victoria, ainda que os de Tapia non renunciaron a nada e mandaron un balon o pao da porteria defendida por Carlitos. Os ribadenses seguian creando ocasions, pero o gardamalla desbaratabas unha tras outra, ata que unha boa xogada colectiva, cunha apertura de Aitor a banda, e pasa da morte de Fran, acabou con Adri empurrando o balón o fondo das mallas, poñendo as taboas no marcador a falta de 8 minutos. As ocasións seguiron por ambos lados pero o marcador non se moveu.
Xogaron polo Barres/SD Ribadeo:
Carlitos, Adrián D., Dani, Carlos G,. Gonzalo, Fran , Adri R., Christian, Diego, Dhonatan, Gabriel e Aitor
Iván o adestrador local , saiu encantado polo gran traballo dos seus xogadores que deron todo no campo, sen dar descanso os tapiegos, que se viron sorprendido por un gran Barres/SD Ribadeo, noraboa rapaces, a seguir asi que o sabado comeza a liga. O Partido xogarase as 16:00 no campo da Toba de Avilés contra a Luz. Moita sorte