Debut BARRES FC -SD

Image

Os Benxamins da tempada pasada forman nesta o BARRES FC

Barres/SD Ribadeo - Real Tapia.

Como todos sabedes a SD chegou a un acordo cos directivos do veciño clube BARRES FC no cal a SD cede uns xogadores pa competir en Asturias, deste acordo nace o equipo ALEVIN que debutou na tarde de ontes.

Bo partido o presenciado no CEIP Gregorio Sanz, o primeiro partido dos rapaces que adestra Iván deixou moi bon sabor de boca, xa que lograron un meritorio empate ante un Tapia superior en estatura e forza, pero que os xogadores do BARRES FC/SD superon contrarrestas con xogadas rapidas e combinativas.
O partido comezou con dominio local, que creaba ocasións pero non definia ante un gran arqueiro visitante, Adri lanzou o travesaño tras unha boa xogada colectiva e o Tapia pouco a pouco adiantaba as liñas en busca do gol, o dominio e as ocasions alternavanse e fruto destas o colexiado, o señor Bello, sinalou un penalty contra os locais, nada que discutir a sua labor, que finalmente parou Carlitos, pero a falta dun minuto nunha xogada desafortunada, tras un centro, o balón rebota en Dani e gol en propia porta.
Tralo descanso os locais foron a pola victoria, ainda que os de Tapia non renunciaron a nada e mandaron un balon o pao da porteria defendida por Carlitos. Os ribadenses seguian creando ocasions, pero o gardamalla desbaratabas unha tras outra, ata que unha boa xogada colectiva, cunha apertura de Aitor a banda, e pasa da morte de Fran, acabou con Adri empurrando o balón o fondo das mallas, poñendo as taboas no marcador a falta de 8 minutos. As ocasións seguiron por ambos lados pero o marcador non se moveu.
Xogaron polo Barres/SD Ribadeo:
Carlitos, Adrián D., Dani, Carlos G,. Gonzalo, Fran , Adri R., Christian, Diego, Dhonatan, Gabriel e Aitor
Iván o adestrador local , saiu encantado polo gran traballo dos seus xogadores que deron todo no campo, sen dar descanso os tapiegos, que se viron sorprendido por un gran Barres/SD Ribadeo, noraboa rapaces, a seguir asi que o sabado comeza a liga. O Partido xogarase as 16:00 no campo da Toba de Avilés contra a Luz. Moita sorte

ABULTADA VICTORIA

Image

 

GOLEADORES
Daniel Castro García:1
 
Daniel Prieto Sierra: 1
 
Ernesto Cruzado Martín : 2
 
Ivan Javier Martínez Parra : 4
 
Daniel Montoya Montoya:1
 
Carlos García Rodríguez:1
 
Iago Andina Vior:1
 
Daniel Pedrosa Loureiro : 2

 

 

Partido sen historia onde a SD foi superior dende o pitido inicial, anotando 13 goles que ainda puideron ser mais se non marraran tantas ocasións. De todas formas viuse un xogo combinativo e moito control do balon
Nico amosase contento cos seus xogadores xa que durante o partido mostraron o que traballaron o longo da semana, realizando un bo trabaxo tanto individual como colectivo
Noraboa pola victoria.

 

CONSUTA MAIS DATOS DO PARTIDO PREMANDO AQUI

O SABADO OS INFANTIS VOLVEN A CARGA

Image

Poucas novidades na ultima xornada de 2ª autonomica, o Viveiro segue como lider destacado. Pero os infantis da SD con un partido menos esta o acecho. Esta sema recibimos a AT ABUIN, sorte para os xogadores de NICO.

Os xogadores de NICO xa están en forma despos duas semanas sen xogar, o sabado o partido disputarese as 10,30 horas da maña, dado que o campo tera que ser utilizado por outras categorias, para disputar outras competicions.

BON PARTIDO EN VIVEIRO

 

 

 

 

 

Image

O Viveiro impuxose por un gol os INFANTIS da SD.

 

Pola SD xogaron:

Medio
Castro García, Daniel - Cruzado Martín, Ernesto - Martínez Parra, Ivan Javier - Prieto Sierra, Daniel
Defensa
Fernández Díaz, Rubén - Fernández Rodríguez, Alejandro - Lombardía Sixto, Alex - Moledo Fernández, Aarón
Dianteiro
Montoya Montoya, Daniel - Pedrosa Loureiro, Daniel
Gardamallas
Redondo Lanzos, Noel

Gran partido presenciado no Municipal de Viveiro, onde o Ribadeo deixou claro que esta tempada é un dos favoritos a estar arriba.

O partido comezou con moito respeto entre ambos equipos, xa que ambos viñan de golear na primeira xornada, tras uns minutos de tanteo o choque foi volvendose intenso, con boas ocasións para ambos equipos, ainda que nesta primeira metade foi dominada polo viveiro, pero o marcador non se moveu e chegouse o descanso co tanteador inicial.

A segunda parte foi de dominio ribadenses, pero a falta de atino ddos xogadores evitou que se puñeran por diante, pero de todas formas o viveiro viase que podia crear perigo en calquer momento. Foi unha gran 2ª metade da SD que perdoou e a falta de un minuto, nun corner encaixo o unico gol do partido, pouco botin para o traballo feito polos nosos pupilos, gran partido onde o mais xusto seria un empate con goles, pero a fortuna deulle a espalda a SD Ribadeo e vovleu de Viveiro sen puntos, pero deben estar orgullosos do traballo realizado en todolos sentidos. Noraboa rapaces!!!!

Nico quere felicitar os rapaces polo gran comportamento tanto no campo coma fora de él. E dende a SD Rbadeo queremos sumarnos a esas felicitacions e darlles animos para seguir traballando coma o estan a facer

O vindeiro sábado hai que facer do Pepe Barrera un fortin e regresar a senda da Victoria ante a Residencia "B

 

MAIS INFORMCION PREMA AQUI".